Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Virgen del Carmen número 7162.

Por Resolución do 11.11.2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Lista Granit, S.A. do permiso de investigación Virgen del Carmen, de 2 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), granito ornamental, nos termos municipais da Coruña e Arteixo, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7162 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 27’ 00’’ W

43º 20’ 40’’ N

2

8º 26’ 20’’ W

43º 20’ 40’’ N

3

8º 26’ 20’’ W

43º 20’ 20’’ N

4

8º 27’ 00’’ W

43º 20’ 20’’ N

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña