Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2012/126).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTI e RBT Belir (Rodis-Cerceda).

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Paso aereosubterráneo MT.

Tensión nominal: 20 kV.

Tipo: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-15/400 da LMT Silva-Buzarelos (expediente 51983) no tramo entre a derivada ao CT Brazal (expediente 2000/474) e o CT Buzarelos (expediente 51983) (UTM: 537280; 4779984).

LMT subterránea a CTI Belir.

Inicio de liña (UTM): paso aerosubterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-15/400 da LMT Silva-Buzarelos (expediente 51983) no tramo entre a derivada ao CT Brazal (expediente 2001/474) e o CT Buzarelos (expediente 51983) (UTM: 537280; 4779984).

Final liña (UTM): paso aerosubterráneo que se realizará no apoio proxectado de tipo HVH-13/1600 onde se instalará o CT intemperie Belir proxectado (UTM: 537231; 4779992).

Lonxitude: 79 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×95 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

CT intemperie Belir.

Tipo: intemperie sobre apoio de formigón.

Potencia: 50 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

RBT aérea de CTI Belir.

Orixen: CTI Belir proxectado.

Lonxitude: 295 m.

Condutores: RZ-0,6/1 kV-3×95 Al + 54.6 Alm.; RZ-0,6/1 kV-2×25 Al.

Nº de circuítos: 1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña