Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha nave para almacén de chatarra no polígono industrial.

Modesto García Rocha solicitou a licenza para a construción dunha nave para almacén de chatarra procedente de apeiros agrícolas, que está sometida ao trámite de avaliación de incidencia ambiental. A nave está situada no polígono industrial da Pontenova, parcela 43, e neste concello estase tramitando o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este tempo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinalo, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Pontenova, 8 de outubro de 2012

Darío Campos Conde
Alcalde presidente