Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de información pública sobre almacén de ferramentas, maquinaria de construción e instalación de depósito de gasóleo no polígono industrial.

Manuel Carballeira Veiga, en representación de Construcciones Carballeira, S.L., solicitou a licenza de actividade de almacén de ferramentas, maquinaria de construción e instalación de depósito de gasóleo que está sometida ao trámite de avaliación de incidencia ambiental. A actividade vaise desenvolver no polígono industrial da Pontenova, parcelas catro e tres, e neste concello estase tramitando o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este tempo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinalo, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Pontenova, 25 de outubro de 2012

Darío Campos Conde
Alcade presidente