Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9339

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a aceptación da ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Betanzos.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de decembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«53. Aceptación da ampliación das delegación de competencias tributarias do Concello de Betanzos relacionadas coa xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Betanzos en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña