Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9340

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a aceptación da ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Zas.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«6. Aceptación da ampliación da delegación de competencias do Concello de Zas, recadación voluntaria e executiva das sancións por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Zas en relación coa seguinte materia:

Recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, incluíndo a colaboración previa cos concellos para a identificación dos propietarios dos vehículos con que se cometerán as infraccións.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña