Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre construción de dúas plataformas de formigón e muros para almacenar forraxe en verde en Olveira.

Ovidio Fernández Quintáns solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de dúas plataformas de formigón e muros para almacenar forraxe en verde no lugar de Olveira. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 21 de marzo de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde