Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre almacenamento de materiais a granel (expediente 02/2013 AIA).

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 02/2013 AIA de concesión de licenza de apertura.

Actividade: almacenamento de materiais a granel.

Situación: porto exterior de Punta Langosteira, Suevos, Arteixo.

Solicitante: Bombeos y Transportes Carral, S.L.U.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Arteixo, 20 de marzo de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo