Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2012/106).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente, 17 baixo, local 62. 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT e RBTS, San Amaro (Rodis-Cerceda).

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Paso aerosubterráneo. Tensión nominal: 20 kV. Tipo: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HVH-13/2.500 da LMT Mixón-A Silva (expediente 377/06) previsto no proxecto de LMT bucle A Silva e o CT grupo escolar (expediente 578/07) (UTM: 535.612; 4.778.742). LMT subterránea a CT A Silva I.

Inicio de liña (UTM): cela de liña proxectada no CT A Silva I na cal se realizará unha mellora integral (expediente 8.842) (UTM: 535.464; 4.778.751). Final de liña (UTM): paso aerosubterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HVH-13/2.500 da LMT Mixón-A Silva (expediente 377/06), previsto no proxecto de LMT bucle A Silva e CT grupo escolar (expediente 578/07) (UTM: 535.612; 4.778.724).

Lonxitude: 304 m. Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3(1×240 AL). Tensión nominal: 20 kV. Mellora do CT A Silva. Tipo: compacto manobra exterior en caseta de obra civil. Illamento: aceite mineral. Potencia 400 kVA. Relación de transformación: 20/0,4 kV. Protección contra sobretensións: termómetro de contactos. Protección contra sobreintensidades: fusibles de 20 A. Saídas RBT subterránea de CT A Silva I, orixe: CT A Silva (expediente 8.842). Lonxitude: 454 m. Condutores: XZ1-0,6/1 kV-4(1×240 AL). Nº de circuítos: 4.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña