Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/16).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS bucle Acevedo (San Martiño-Cerceda).

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

LMT subterránea bucle Acevedo.

Inicio liña (UTM): cela de liña existente no CT Parque Acuático Acevedo (expediente 2007/368) (UTM: 543.287; 4.780.877).

Final liña (UTM): cela de liña existente no CS Cristalglass (expedientee 2004/175) (UTM: 543.070; 4.781.110).

Lonxitude: 363 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/30 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña