Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2012/30).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Figueroa.

Situación: concello do Pino.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento e manobra Figueroa en caseta de obra civil, con catro celas de liña a pé de apoio existente de tipo C 14/3.000, onde se realizarán catro pasos aerosubterráneos.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CS Figueroa (LMT Amarelle-Figueroa, expediente 144/2001) a 20 kV, cunha lonxitude de 19 m, con inicio no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-14/3.000 da LMT Amarelle-Figueroa (expediente 144/2001), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240Al) e final en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Figueroa proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-Santiso (expediente 206/2001) a 20 kV, cunha lonxitude de 16 m, con inicio en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente de tipo C-14/3.000 da LMT Figueroa-Santiso (expediente 206/2001).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-A Rúa (expediente 387/2003) a 20 kV, cunha lonxitude de 18 m, con inicio en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente de tipo C-14/3.000 da LMT Figueroa-A Rúa (expediente 387/2003).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-Millares (expediente 7964) a 20 kV cunha lonxitude de 15 m, con inicio en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente de tipo C-14/3000 de LMT Figueroa-Millares (expediente 7964).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña