Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación Portodemouros número 2995, situada no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, e promovido por Canteras de Portodemouros, S.L.

O artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación Portodemouros nº 2995, situada no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, e promovido por Canteras de Portodemouros, S.L.

Para os efectos informativos porase, á disposición dos administrados que a soliciten, a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía e Industria, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas