Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Reigada, no concello de Monforte de Lemos (expediente 008/2012 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285 do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Reigada.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 715 m, con orixe no apoio proxectado nº 1, sobre a LMT aérea existente ao CT Reigada e final no apoio nº 7 proxectado, en condutor LA-56, sobre apoios de formigón (7).

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 611 m con orixe no paso aerosubterráneo no apoio proxectado nº 7 e final no CTC Reigada, en condutor RHZ1.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

2

42

12

A Cha de Fóra

Monte alto

– Hros. de Antonio López Rodríguez

Repr.: Mª Carmen Martínez Valcárcel

r/ Pontevedra, 14, 2º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

17.0

299.0

6

42

62

A Cha de Fóra

Monte baixo

– Genaro Lemos Rodríguez

Repr.: Manuel Rajo Rodríguez

r/ Morín, 159, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

11.0

108.0

13

42

87

A Cha de Fóra

Monte baixo

– Mª Isabel Alonso Rodríguez

Avenida San Salvador, nº 10, 43130 Tarragona

14.0

141.0

15

42

104-105

A Cha

Prado

– Amelia Castro Rodríguez

r/ Pardo Bazán, nº 9-1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

44.0

444.0

18

42

83

A Cha

Prado

– Abelardo Valcarcel Junquera

Campo do Boi, nº 4-2º B, 36002 Pontevedra

4 (1/2)

0.6

10.0

88.0

21

42

82

A Cha

Prado

– Jacinto Álvarez García

r/ Real, nº 28-4º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

57.0

558.0

25

42

78

A Cha

Prado

– Hros. de Concepción Rodríguez López

Repr.: José González López

r/ Padre José Garvanes, 16, 27411 Monforte de Lemos, Lugo

5.0

68.0