Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9099

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do expediente de delimitación de solo de núcleo rural da Fraga (Santaia de Moar) do concello de Frades (A Coruña).

O Concello de Frades solicita a aprobación definitiva do expediente referido, ao abeiro do establecido na disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Frades carece actualmente de planeamento xeral de ámbito municipal, polo que resultan de aplicación as normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia da Coruña aprobadas definitivamente por orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 3 de abril de 1991.

2. Con data do 13 de decembro de 2011, recibiuse no concello solicitude para a delimitación do solo de núcleo rural da Fraga (Santaia de Moar).

3. A secretaría municipal emitiu informe o 20 de decembro de 2011.

4. A alcaldía decidiu sobre a tramitación do expediente de delimitación do solo de núcleo rural o día 20 de decembro de 2011. Sometido a información pública polo prazo dun mes (DOG do 22 de febreiro de 2012 e xornais La Voz de Galicia do 28 decembro de 2011 e El Correo Gallego do 8 de febreiro de 2012), non foron presentadas alegacións, conforme o certificado incluído para o efecto no expediente.

5. O pleno do concello aprobou provisionalmente a proposta do 30 de marzo de 2012.

6. O concello enviou o expediente á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo mediante escrito do 2 de abril de 2012, con entrada no rexistro xeral da Xunta de Galicia o 9 de abril de 2012.

7. O servizo de urbanismo da Coruña devolveu o expediente no seu requirimento de documentación do 9 de maio de 2012.

8. A arquitecta municipal emitiu informe con data do 6 de xullo de 2012.

9. O concello solicitou informe á Deputación Provincial, en materia de estradas, o día 23 de maio de 2012; informe que non foi recibido en prazo, segundo certificación da secretaria municipal do 11 de xullo de 2012.

10. O Pleno do Concello aprobou provisionalmente a proposta corrixida o 31 de agosto de 2012.

11. A documentación presentada consiste en expediente administrativo, un exemplar do proxecto con dilixencia de aprobación inicial e tres exemplares do proxecto con dilixencia de aprobación provisional.

12. A proposta delimita un solo de núcleo rural común.

II. Análises e consideracións.

Logo de examinar a documentación remitida polo concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, púidose comprobar que o proxecto de delimitación do núcleo rural común da Fraga cumpre as disposicións legais correspondentes á disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG (modificada pola Lei 15/2004), e a Orde do 11 de maio de 2009 sobre adscrición de órganos e delegación de competencias como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural correspóndelle á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

1º Visto canto antecede, apróbase definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural da Fraga (Santaia de Moar) do Concello de Frades.

2º Contra a presente resolución non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, podendo interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se é o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

3º Notifíquese esta resolución ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file