Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9102

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vai ter lugar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación Ica, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Centro de Formación Ica, S.L.

3. Data.

Os días 4, 11, 18, 25, 26 de abril de 2013 e 2, 3, 9, 10, 16, 23 e 24 de maio de 2013.

4. Lugar de realización.

Centro de Formación Ica, S.L.

Rúa Portela, nº 12, interior (O Calvario).

36205 Vigo, Pontevedra.

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa.

Día 4.4.2013

16.00-21.00 horas

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

Día 11.4.2013

16.00-21.00 horas

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I. Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

Día 18.4.2013

16.00-21.00 horas

Formulacións, preparación. Equipos de aplicación.

Día 25.4.2013

16.00-21.00 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas (ratas e ratos). Desratización activa e pasiva.

Día 26.4.2013

16.00-21.00 horas

Pragas de insectos e ácaros. Estudo destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

Día 2.5.2013

16.00-21.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

Día 3.5.2013

16.00-21.00 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

Día 9.5.2013

16.00-21.00 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións. Eliminación de restos e envases. Lexislación.

Día 10.5.2013

16.00-21.00 horas

Precaucións e normas de seguridade. Equipos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 16.5.2013

16.00-21.00 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións. Eliminación de restos e envases. Lexislación.

Día 23.5.2013

16.00-21.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

Día 24.5.2013

16.00-22.00 horas

Exercicios prácticos. Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

Datas: os días 4, 11, 18, 25, 26 de abril de 2013 e 2, 3, 9, 10, 16, 23 e 24 de maio de 2013.

Lugar de realización do curso:

Centro de Formación Ica, S.L.

Rúa Portela, nº 12, interior (O Calvario).

36205 Vigo, Pontevedra.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 21.00 horas, agás o 24 de maio de 2013, que será das 16.00 ás 22.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Centro de Formación Ica, S.L.; r/ Portela, nº 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra, teléfono: 986 37 77 79, fax: 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

ALUMNO:.............................................................................................................................................

ENDEREZO:...............................................................CP:....................................................................

LOCALIDADE:......................................................PROVINCIA:...........................................................

TELÉFONO:.............................................................FAX:.....................................................................

CORREO ELECTRÓNICO:..................................................................................................................

EMPRESA:.............................................................................CIF:.......................................................