Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9014

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3676/2009).

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3676/2009 S.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo. Demanda 757/2008.

Materia: outros dereitos Seg. Social.

Recurrente: INSS.

Recurridos:

– TXSS.

– Mutua Galega de Accidentes de Traballo.

Letrado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Notificar: letrado: Eva Monteoliva Díaz.

– Construcciones y Promociones Ayude y Manolo, S.L. DOG.

Casación en unificación: 34/13.

Parte recurrente: INSS.

Nas actuacións de recurso de suplicación 3676/2009, RCUD 34/2013-S, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 757/2008, do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 5 de marzo de 2013.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ao cal se lle xunta certificación de sentenza alegada de contradición, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separa, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente comparece de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Promociones Ayude y Manolo, S.L., con último domicilio coñecido en avda. da Coruña, número 71, 1º esquerda, Valga (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2013

A secretaria xudicial