Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de marzo de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente 107B 2004/60-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de xaneiro de 2013, unha resolución pola que se lle impón unha sexta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107B 2004/60-0 a Solmiro Rodríguez Santos como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 1 de marzo de 2006, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha vivenda unifamiliar, cerramento mixto de ladrillo, carpintaría exterior en aluminio lacado e cuberta a dúas augas de tella cerámica, dunha altura de 5,50 m, composta de planta baixa, dunhas dimensións aproximadas de 10×8 m, e aproveitamento baixo cuberta dunha altura de 1 m nos laterais e 2,50 m no cumio cun voo ao redor da planta baixa de 0,30 m, na rúa dos Concellos parroquia de San Pedro, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. Para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística