Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na configuración e instalación de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA) para o ano 2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2013-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na configuración e instalación de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA) para o ano 2013.

c) Lugar de execución:

1) Domicilio: rúa Domingo Fontán, 9.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2013.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 90.695,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 90.695,00 euros. Importe total: 109.740,95 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

2) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

– Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

• Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

• Hora: 10.15 horas.

– Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

• Data: anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores.

• Hora: 10.15 horas.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable