Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de marzo de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU3/87/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia, a Waldo Javier Fernández Vázquez, no expediente IU3/87/2011 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 3 de decembro do 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes en parcelación urbanística e construción de varias edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar e construcións auxiliares levadas a cabo no lugar de Duancos, no termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística