Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de febreiro de 2013 pola que se acorda declarar deserta a segunda e terceira poxas públicas de venda duns inmobles na rúa Uruguai de Vigo.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 20 de xullo de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados na rúa Uruguai de Vigo.

Logo de publicarse o 20 de novembro de 2012 no Diario Oficial de Galicia, número 221, e nun xornal de ampla difusión (Faro de Vigo do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles, realizouse o 18 de decembro de 2012 a primeira poxa pública anunciada. A través da Orde do 7 de xaneiro de 2013 (DOG número 17, do 24 de xaneiro), acordouse declarar deserta a primeira poxa pública e convocar para o día 13 de febreiro de 2013 a segunda e terceira poxas públicas. Realizadas estas e á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda e terceira poxas a adxudicación do seguinte lote:

Piso segundo esquerda, da casa número 4 da rúa Uruguai de Vigo, destinado a vivenda, cunha extensión superficial de 148 m2.

Piso segundo dereita, da casa número 4 da rúa Uruguai de Vigo, destinado a vivenda, cunha extensión superficial de 133 m2.

Referencias catastrais: 3362002NG2736S0006YW e 3362002NG2736S0007UE.

Inscritos no Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, como predios 25.118 e 25.119, no libro 59.

Tipo de licitación na segunda poxa: 406.045 euros.

Tipo de licitación na terceira poxa: 334.390 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda