Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-315/12 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo a proposta de resolución dos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30.9.1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercitar perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, 79, 2º, de Ourense.

Ourense, 11 de marzo de 2013

Luís Menor Pérez
Xefe territorial accidental de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-315/12.

NIF: 76729940P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: rúa Tomás Mª Mosquera, nº 25, B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Principal.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-316/12.

NIF: B32407009.

Denunciado: Ocio Arenteiro, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, núm. 16, A-B, baixo. O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Musk.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-317/12.

NIF: B32404899.

Denunciado: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, núm. 14, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-324/12.

NIF: 34999242G.

Denunciado: Begoña Suárez Colmenero.

Enderezo: rúa Eladio Rodríguez, nº 2, baixo, Ourense.

Establecemento: Frontón.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 120 euros.