Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a Montserrat Bares Fernández no P.O. 4481/2009 interposto contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 13 de xullo de 2009, sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo.

Nesta secretaría xeral recibiuse providencia do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso administrativo P.O. 4481/2009, interposto por C.P. José Ramón Fontán 3 e 5 de Vigo contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 13 de xullo de 2009, sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir o solicitado nesa providencia ,faise constar que o expediente foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o día 4 de febreiro de 2010.

O que se notifica para proceder ao emprazamento de Montserrat Bares Fernández para que poida comparecer como demandada en autos no prazo de nove días,de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas