Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 4 de marzo de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02173-O-2012 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02173-O-2012

3239-GMG

Garda Civil 3301 Y13959D

Manuel Carpintero García

32816136-N

Jacques Cousteau, 2, 1º A

15142 Arteixo, A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución bisemanal ata un 20 % (90 horas). Máis de 94 horas.

4.5.2012; 13.33.00; AS-17; 22

Art. 142.3 da LOTT, Art. 199.3 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT, Art. 201.1.c) do ROTT

320 €

XC-02189-O-2012

C-6715-BC

Garda Civil 1504 Z-27752-V

Coo Álvarez Enrique, 000407093E, S.L.N.E.

B15912314

Lg. Berdoias, 2

15129 Vimianzo, A Coruña

A realización de transporte privado nun vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera a súa validez.

4.7.2012; 4.07.12; AC-553; 1,500

Art. 142.25 da LOTT, Art. 141.13 da LOTT, Art. 199.25 do ROTT, Art. 198.13 do ROTT

Art. 143.1.b) da LOTT, Art. 201.1.b) do ROTT

400 €

XC-02203-O-2012

C-4252-BY

Garda Civil 1504 A35144Y

Distribuciones Veiga y García, S.L.

B15080161

P. do Tambre, Isaac Peral, 29

15890 Santiago de Compostela,

A Coruña

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 9 h a 8 horas

13.6.2012; 7.35.00; N-550; 52

Art. 142.3 da LOTT, Art. 199.3 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT, Art. 201.1.c) do ROTT

301 €

XC-02433-O-2012

C-0272-AZ

Garda Civil 1501 I-92933-X

Golán Materiales Construc., S.L.

B15538507

Avenida das Mariñas, Perillo, 81

15173 Oleiros, A Coruña

Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar determinadas entradas manuais ou anotacións no aparello de control dos tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro cando resulte posible deducir do propio aparello ou das follas anteriores e posteriores o contido de ter realizadas as anotacións oportunas.

10.7.2012; 13.39.00; AC-552; 2,000

Art. 142.5 da LOTT, Art. 199.5 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT, Art. 201.1.c) do ROTT

301 €

XC-02446-O-2012

4303-CDX

Garda Civil 1504 Z-27752-V

Transportes y Mudanzas Guaje, S.L.

B27751619

Ameiro Longo, 154, porta 6

36415 Mos, Pontevedra

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, que contarán desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

12.7.2012; 17.30.00; N-550; 77,500

Art. 142.8 da LOTT, Art. 199.8 do ROTT

Art. 143.1.b) da LOTT, Art. 201.1.b) do ROTT

201 €