Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (847/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 847/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Saturnino Buján Carrón contra Logar Prado, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, aceptando a demanda presentada por Saturnino Buján Carrón contra a empresa Logar Prado, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 3.313,94 euros, máis os xuros de demora, así como ao pagamento dunha multa de 100 euros e ao aboamento dos honorarios do letrado da parte demandante.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que lle sirva de notificación en forma a Logar Prado, S.L., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto.

Lugo, 5 de marzo de 2013

O secretario xudicial