Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (983/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 983/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Carlota Fernández Regueira contra a empresa María Isabel Muñoz Varela e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 145/2013.

Nº de autos: procedemento ordinario 983/2010.

Na cidade da Coruña o 27 de febreiro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Carlota Fernández Regueira, que comparece asistida do letrado Antonio Pousa Merens e doutra como demandados a empresa María Isabel Muñoz Varela, e o Fogasa, que non comparecen

Resolvo:

Que estimando a demanda formulada por Mª Carlota Fernández Regueira contra a empresa María Isabel Muñoz Varela, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.090,71 euros, polos conceptos recollidos no feito probado terceiro. Todo isto con absolución do Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra esta sentenza non cabe interpoñer ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día de hoxe do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa María Isabel Muñoz Varela, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de marzo de 2013

O secretario xudicial