Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1006/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1006/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Rodríguez Parapar contra as empresas Mouzo Villar, José Bernardino (Informouzo), Somoservi Norte, S.L., Galicia Consultoría y Gestión, S.L., JB Mouzo Correduría de Seguros, S.L., Multiservices Low Cost, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Nº de autos: procedemento ordinario 1006/2010.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Juan José Rodríguez Parapar, que comparece representado polo graduado social Senén Fandiño Ucha, e doutra e como demandados, c e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen.

Decido:

1. Que estimando a demanda formulada por Juan José Rodríguez Parapar contra as empresas Galicia Consultoría y Gestión, S.L., Somoservi Norte, S.L., José Bernardino Mouzo Villar e JB Mouzo Correduría de Seguros, condeno a estas a lle aboar a cantidade de 1.581,96 euros que lle deben en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2. Desestimo a demanda contra Multiservices Low Cost, S.L.

3. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación ás empresas Mouzo Villar, José Bernardino (Informouzo), Somoservi Norte, S.L., Galicia Consultoría y Gestión, S.L., JB Mouzo Correduría de Seguros, S.L. e Multiservices Low Cost, S.L., expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de marzo de 2013

O secretario xudicial