Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (92/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 92/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Bouchra Essakr contra Juan Jesús Sánchez Mendoza, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Que, estimando a demanda presentada por Essakr Bouchra contra a empresa Juan Jesús Sánchez Mendoza, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.284,06 euros, máis os xuros de demora, así como as custas procesuais. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Juan Jesús Sánchez Mendoza, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 5 de marzo de 2013

O secretario xudicial