Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1396/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1396/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa González Fiaño contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titan, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L., sobre despedimento, se ditou resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Auto.

A Coruña, 4 de marzo de 2013.

Antecedentes de feito.

Único. O día 22 de febreiro do ano en curso ditouse sentenza neste procedemento.

Apreciado erro na data da sentenza consignada na resolución de referencia, cómpre emendalo.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 28 de maio de 2012, ditada neste procedemento, no sentido seguinte:

Que no seu encabezamento se substitúa a referencia á data 22 de febreiro de 2012 pola referencia á data 22 de febreiro de 2013, mantendo inalterado o resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña.

E para que lle sirva de notificación a Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titan, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial