Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (305/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza:

A Coruña, 11 de decembro de 2012.

Vistos por min, Ana Aba Catoira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 desta cidade, os autos seguidos co nº 305/2012, promovidos por Emilia Pardo Porta, asistida polo letrado Sr. Oulego Errez, fronte á mercantil Katedra Profesional, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, en reclamación de cantidade, en consideración ao seguinte,

Decido que, considerando a demanda interposta por Emilia Pardo Porta fronte á mercantil Katedra Profesional, S.L., debo condenar e condeno esta a que lles aboe aos demandantes 2.151,73 euros máis o 10 % de xuro por demora.

Non cabe recurso».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

A secretaria xudicial