Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8880

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (879/2012).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, mediante este edicto anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal 879/2012 seguido por instancia de Dionisio Adonis Conde Iglesias fronte a Marina Romero Luis ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Ourense, 11 de febreiro de 2013.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal nº 879/2012, seguidos por iniciativa de Dionisio Adonis Conde Iglesias, representado pola procuradora, María Gloria Sánchez Izquierdo e asistido polo letrado Julián Besteiro Álvarez, fronte a José Castiñeiras Nieves e Marina Romero Luis.

Resolución ditada por proposta da xuíza en prácticas, Mónica Ferreiro Quintas.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos xurídicos.

Vistos os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Dionisio Adonis Conde Iglesias, contra Marina Romero Luis, e condénase a demandada a aboarlle a cantidade de 1.036,43 euros, máis o xuro correspondente segundo o previsto no fundamento xurídico terceiro.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Esta sentenza, de acordo co disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil, é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así por esta sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Marina Romero Luis, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 1 de marzo de 2013

A secretaria xudicial