Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8879

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 899/2010 MRA).

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 899/2010 MRA a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 267/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo promovidos por José Vilariño Calvo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Colfi, S.L., Mutua Fremap, sobre accidente, o 4 de marzo de 2013 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a Sentenza do 15 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos 267/2009, confirmamos a sentenza impugnada.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia a fin de que sirva de notificación en forma a Colfi, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial