Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (6/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 6/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Iglesias Pallas contra a empresa Esabe Direct, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade (despedimento obxectivo) 6/2013, sendo demandante Francisco Javier Iglesias Pallas, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Esabe Direct, S.A., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Francisco Javier Iglesias Pallas contra a empresa Esabe Direct, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboarlle a Francisco Javier Iglesias Pallas a cantidade de 6.961,66 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Esabe Direct, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial