Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (972/2010).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 972/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Carballeira Bouza, Josefa Pena Prieto, Pablo Hermida López, María del Mar Prieto Silva, Cristina Carreira Fernández e Vanesa Fernández Hermida contra a empresa Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, aceptando a demanda interposta polos demandantes contra a empresa Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., debo condenar e condeno esta a que lles aboe as seguintes cantidades polos conceptos reclamados:

– A Pablo Hermida López, 1.528,66 €.

– A Rubén Carballeira Bouza, 1.569,47 €.

– A Vanesa Fernández Hermida, 1.534,47 €.

– A Josefa Pena Prieto, 1.555,75 €.

– A Mar Prieto Silva, 1.545,39 €.

– A Cristina Carreira Fernández, 1.540,56 €.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

O secretario xudicial