Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o Plan parcial da área de repartición AR.21 SUD.

De acordo co disposto no artigo 127.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise público que a Xunta de Goberno local, na súa sesión do 7 marzo de 2013, acordou someter a información pública por prazo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da provincia de Ourense e notificar de forma individualizada aos propietarios afectados para os efectos de proceder ao cambio do sistema de actuación de concerto ao de compensación, no Plan parcial da área de repartición AR-21 SUD.

O Barco de Valdeorras, 13 de marzo de 2013

Alfredo García Rodríguez
Alcalde