Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública pola que se publica licenza municipal de apertura de estación base de telefonía móbil en Igrexa-Buxantes.

Tendo solicitado desta Alcaldía, por Vodafone España, S.A.U., licenza municipal para apertura de instalación dunha estación base de telefonía móbil, situada na parcela 308 do polígono 506 no Prado do Sino, parrroquia de Buxantes, cumprindo o disposto no punto 3° do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que estimen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 13 de marzo de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde