Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre a licenza de apertura de instalación de estación base de telefonía móbil en Logoso.

Tendo solicitado desta Alcaldía, por Vodafone España, S.A.U., licenza municipal para a apertura de instalación dunha estación base de telefonía móbil, situada na parcela 653 do polígono 505 no Logoso, parroquia de San Martiño de Olveira, cumprindo o disposto no punto 3° do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que estimen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 13 de marzo de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde