Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de contratación do servizo da escola infantil municipal.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2013, aprobouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: escola infantil 0-3 municipal.

c) Duración do contrato: dous anos e dous anos de eventual prórroga.

3. Modalidade de adxudicación.

Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación.

116.927,52 euros anuais (cento dezaseis mil novecentos vinte e sete euros con cincuenta e dous céntimos).

5. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do ultimo anuncio no BOP e no DOG. Se o ultimo dia de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

8. Apertura de proposicións.

Ás 12.00 horas do sexto dia hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto publico, á apertura das propostas técnicas presentadas (sobres B). Para estes efectos, se tal día cadra sábado, o acto terá lugar o dia hábil seguinte. Posteriormente, na data que se comunique vía telemática ou mediante fax, procederase en acto público á apertura das propostas económicas (sobres C).

9. Obtención de documentación e información.

Concello de Meis, avda. de Cambados, 67, Mosteiro (36637).

Páxina web: www.meis.es

Teléfonos: 986 71 20 01. Fax: 986 71 53 00.

10. Criterios de adxudicación.

Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

a) Proxecto educativo do centro: ata 30 puntos.

b) Proxecto de organización interna do centro: ata 15 puntos.

c) Plan de mantemento das instalacións e equipamentos: ata 5 puntos.

Criterios cuantificables automáticamente:

Prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos.

11. Gastos de publicidade.

Por conta do contratista adxudicatario.

Meis, 22 de febreiro de 2013

José Luis Pérez Estévez
Alcalde