Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de ferralla no Camiño de Mourelle, Montouto.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Ferralla do Xallas, S.L. o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de ferralla que se situará no Camiño de Mourelle, Montouto. De acordo coa documentación técnica presentada, e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 28 de febreiro de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde