Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual dos artigos 109 e 124 e do capítulo IX do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual da normativa urbanística do Plan xeral de ordenación municipal no que atinxe ao réxime de fóra de ordenación (capítulo IX –artigos 218, 219 e 220– e 124.1), así como á redacción do artigo 109.2.d), segundo o proxecto formulado polo Concello de Santiago de Compostela a través dos servizos técnicos da Área de Urbanismo.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente outorgarase audiencia aos municipios limítrofes.

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas para todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica