Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8687

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública relativo a actividade de cría e ceba de visóns (LAP/374/2012).

José Bermúdez García solicitou licenza de apertura para actividade dedicada á cría e ceba de visóns no lugar de San Marcos, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto nº 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/374/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

P.D. (Decreto da Alcaldía do 26.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sustentable