1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Participación e Atención Cidadá. Nº de expediente: 2716-321.
2. Obxecto do contrato: descrición: servizos de portaría, control de acceso e atención ao público nos centros cívicos municipais.
Lugar de execución: centros cívicos municipais de Coruxo, Casco Vello, Teis, Saiáns e calquera outro que se poida pór en funcionamento durante o prazo de execución do contrato.
Prazo de execución: catro anos, máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha delas.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 699.626,84 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados dende o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 13 de marzo de 2013
Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación