Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8690

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

BEGASA

ANUNCIO de información pública sobre campaña de substitución de contadores.

En cumprimento do establecido no Real decreto 1110/2007 e na Orde ministerial ITC 3860/2007, BEGASA está a levar a cabo o plan de substitución dos actuais contadores mecánicos, por contadores electrónicos integrados nun sistema de telexestión. Con data 22 de outubro de 2009, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria do Goberno de España, autorizou o sistema de telexestión e telemedida, os equipamentos asociados e os protocolos específicos de BEGASA. Así mesmo, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, emite unha resolución o 2 de xullo de 2009, pola que se aproba o plan de substitución de equipamentos de medida en subministracións de baixa tensión do parque de distribución de BEGASA. A instalación, totalmente gratuíta para o usuario, levarase a cabo en cumprimento do citado plan, nos seguintes municipios e durante o período indicado do presente ano:

Cervo (segundo trimestre); Mondoñedo (segundo trimestre); Ribadeo (segundo semestre); Vilalba (segundo semestre); A Pontenova (cuarto trimestre) e Abadín (cuarto trimestre).

Lugo, 12 de marzo de 2013

Luis García Santalla
Director xerente de BEGASA