Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (825/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 825/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Gómez Barros contra a empresa Fondo de Garantía Salarial e María del Pilar Vázquez Abad sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 825/2012, en que foi demandante Pilar Gómez Barros, representada pola letrada Sra. Noya Rey, e demandada a empresa María del Pilar Vázquez Abad, foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Pilar Gómez Barros contra a empresa María del Pilar Vázquez Abad e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato de Pilar Gómez Barros e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.418,04 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 37,08 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 3.375,12 euros, en concepto de indemnización, así como da cantidade de 5.817,56 euros en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a María del Pilar Vázquez Abad, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial