Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1311/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 1311/2012, deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea Faraldo Estrada contra a empresa Zambhala Hostelería, S.L. (Casa Carmen), sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1311/2012, en que foi demandante Nerea Faraldo Estrada, representada polo letrado Sr. Trashorras López, e demandada a empresa Zambhala Hostelería, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Nerea Faraldo Estrada contra a empresa Zambhala Hostelería, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a Nerea Faraldo Estrada da cantidade de 293,26 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Zambhala Hostelería, S.L. (Casa Carmen), en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial