Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1396/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1396/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa González Fiaño contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titán, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L., sobre despedimento, se ditou resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1396/2012, en que foi demandante María Teresa González Fiaño, representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandadas as empresas Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titán, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Teresa González Fiaño contra as empresas Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titán, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral da demandante e condeno a empresa Graublan Ibérica, S.L. a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.041,78 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 38,13 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a María Teresa González Fiaño da cantidade de 2.554,71 euros, en concepto de indemnización.

Da mesma maneira, debo absolver e absolvo, por desistencia, as empresas Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titán, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L. de cantas pretensións se exerceron na súa contra no referente a este procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Graublan Ibérica, S.L., Servicio Integral de Limpieza y Mantenimiento Titán, S.L. e Lymerc Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial