Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de marzo de 2013 pola que se acorda a adxudicación en segunda poxa do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello da Coruña e se declara deserta a adxudicación doutro inmoble situado no concello de Cerdido.

Por ordes da Consellería de Facenda do 3 e do 10 de setembro de 2012 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, dun inmoble situado no concello de Cerdido e un piso na rúa Florida do concello da Coruña.

Logo de publicarse a Orde do 20 de decembro de 2012, da Consellería de Facenda no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2013, de alleamento dos citados inmobles, celebrouse o 20 de febreiro de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e logo de proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

1. A Gonzalo Rey Carreira, polo prezo de 42.200 euros, a vivenda situada na rúa Florida, 16, 2º andar, da cidade da Coruña, dunha superficie aproximada de 82,90 m2, que estrema, segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro: norte, comunidade de propietarios; sur, rúa Florida; leste, Manuel José Vispo Vispo; oeste, Vesedos, S.L. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña como predio nº 27.276, tomo 2.465, libro 2.465 e folio 203. Referencia catastral: 8924315NJ4082S0003GI.

Segundo. Declarar deserta en segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte inmoble:

1. Parcela Soocano, situada no lugar da Felgosa de Arriba, parroquia da Barqueira (Cerdido), cunha superficie aproximada de 635 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Filomena Prieto Díaz; sur, con ribado en labradío de Perfecta Villarnovo; leste, estrada de Viveiro a Liñares; e oeste, con ribado en terra labradía de Andrés Romero Coba, antes Concepción Luaces. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira como predio nº 3.242, tomo 315, libro 23 e folio 136. Referencia catastral: 15025A065002100000BJ. Tipo de licitación en segunda poxa: 9.018,08 euros. Tipo de licitación en terceira poxa: 7.426,65 euros.

Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e nos termos establecidos no prego de condicións, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo dos adxudicatarios o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda