Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de marzo de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública dun inmoble situado en Madrid.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 10 de setembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado na rúa Gabriel Lobo, 7, de Madrid.

Logo de publicarse o 15 de xaneiro de 2013 no Diario Oficial de Galicia número 10, e nun xornal de ampla difusión (El País do mesmo día) o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 27 de febreiro de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

1. A María Arman Echeverría, polo prezo de 185.682,34 euros, a vivenda descrita como predio urbano, piso terceiro dereita da ala dereita da casa número sete provisional da rúa Gabriel Lobo desta capital. O dito piso linda, á dereita, entrando, en liña de dous metros coa caixa de escaleiras e, formando ángulos rectos, con fachada a patio mancomunado en liñas de dous metros e sete metros vinte centrímetros; ao fondo, con medianil da casa número nove, en liña de oito metros oitenta centímetros e fachada á rúa articular en liñas de seis metros, un metro, corenta centímetros e dous metros vinte e cinco centímetros; á esquerda, divisoria con piso centro dereita, en liña de dez metros pechando o perímetro, en linde coa caixa de escaleiras de cincuenta centímetros e un metro noventa e cinco centímetros. Consta de vestíbulo, catro cuartos, cociña, despensa, armario e corredor de distribución e, así mesmo, dunha terraza de cociña. Ocupa unha superficie total edificada de oitenta e nove metros con sete decímetros cadrados. Cota: catro enteiros dezanove centésimas por cento. Referencia catastral: 2273512VK4727C0015GM. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 14 de Madrid como predio nº 17.904, tomo 1.008, libro 470 e folio 101.

Segundo. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio de Galicia.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta da adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo da adxudicataria o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda