Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/112-2, 8081 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Abeiro Gold, S.L.

Domicilio social: r/ Camiño Real, 115, Lugo.

Denominación: LMT e CT de 630 kVA para subministración a residencia xeriátrica.

Situación: Concello de Lugo.

Características técnicas:

• CS en edificio prefabricado de Ormazábal tipo PF-15, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• LMT a 20 kV, con orixe nunha celda de liña do CS proxectado e final nunha cela de remonte do CT proxectado, cunha lonxitude de 45 metros en condutor RHZ1-240.

• CT en edificio non prefabricado, no cal se instala unha celda de remonte, unha cela de protección e unha cela de medida, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo