Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/114-2, 8083 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello da Pastoriza.

Domicilio social: pza. Galicia, 1, 27287 A Pastoriza, Lugo.

Denominación: CT e LMTS para alimentación de centro deportivo.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV con orixe nun centro de seccionamento que instalará a compañía distribuidora (BEGASA) no límite da parcela e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 49 metros, en condutor RHZ1-150.

• CT en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo