Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica CT de 400 kVA, instalación temporal da planta de formigón das obras do corredor norte da alta velocidade Madrid-Galicia, tramo Lubián-Ourense, subtramo túnel da Canda-Vilavella, no concello da Mezquita (expediente IN407A 2012/59-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execudión da instalación eléctrica:

Solicitante: Hormigones Carral, S.L.

Domicilio social: Rúa do Souto, nº 8, baixo, 15175 Carral, A Coruña.

Denominación: CT de 400 kVA instalación temporal da planta de formigón das obras do corredor norte da alta velocidade Madrid-Galicia, treito Lubián-Ourense, subtreito túnel da Canda-Vilavella.

Situación: Vilavella-A Mezquita.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 7,5 m de lonxitude, con orixe no apoio da celosía existente C-2000/14 nº 185 da LMT propiedade de Unión Fenosa denominada SEB701 Mezquita, e remate no apoio proxectado HV-1000-13 (paso aéreo-subterráneo) que continúa en subterráneo 8 m con condutor RHZ1 3×(1×95 mm2) rematando no CT proxectado de 400 kVA, R/T 15-20 kV/0,42 kV, sito no lugar de Vilavella, concello da Mezquita (Ourense).

Orzamento: 34.132,95 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 7 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense